Thursday 16 de May de 2024

A Feira do Libro de Riveira aumenta os seus participantes na súa segunda edición


De catro librarías o ano pasado pasaranse a seis

A Feira do Libro de Riveira vai camiño de consolidarse xa na súa segunda edición, que se celebrará do 23 ao 26 de xuño. Seis serán as librerías participantes este ano na praza do Concello, dous máis que o ano pasado.

Para explicar a programación do evento déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas o alcalde Manuel Ruiz, o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; o vicepresidente da Federación Galega de Libreiros, Xosé Antón Pedreira; e a concelleira de Cultura, Fabiola García.

As librerías participantes proceden da Pobra, A Estrada, Santiago e Vigo. Serán Ler Librerías, Librería Arigató, Libraría Aenea, Librería Pedreira, e Libraría Cartabón, ademais da editorial Planeta. Tamén haberá unha área infantil para familiarizar coa lectura aos máis pequenos.

A cita arrancará ás 13 horas deste xoves co pregón inaugural dun riveirense: Quico Cadaval.

Ao longo das catro xornadas sucederanse unha ducia de actividades, entre contacontos, charlas coloquio, taller de braille, presentación de libros, obradoiros de escritura creativa e outros.

O peche da feira correrá a cargo do grupo de baile e música tradicional Tahúme, o domingo ás 21 horas.